Nosa Enerxía es una cooperativa de consumo de energía.

Nosa Enerxía S. Coop. Galega é unha entidade onde as persoas socias se organizan para consumir os produtos e servizos que desexan, nas condicións que estas determinen.

  • Enerxía de orixe renovable e eficiencia enerxética

  • Servizo de calidade a un prezo xusto

  • Transparencia y gestión democrática

  • Sen ánimo de lucro
A cooperativa

O proxecto de Nosa Enerxía xorde en Galicia pola iniciativa dun grupo persoas que aposta por un novo modelo de xestión enerxética

¿Por qué Nosa Enerxía?

Os principais fornecedores de enerxía son os combustibles fósiles,, fontes de enerxía non renovable que contaminan, degradan e destrúen o medio ambiente no que vivimos.

Eficiencia enerxética

As fontes de enerxía non renovable non van cubrir as necesidades básicas de enerxía das persoas, polo que é preciso un cambio xeralizado cara a eficiencia enerxética e as enerxías renovables.

Actividade

A actividade da cooperativa organízase en tres grandes áreas:

Enerxía eléctrica, luz

Área de Comercialización

A Comercialización é a actividade principal da cooperativa. Esta área subministra a enerxía eléctrica de orixe renovable entre as persoas socias da cooperativa. Tamén desenvolve tarefas como xestións no sector eléctrico, tramitación de facturas, atención ás persoas socias, etc.

Paneis solares

Área de Xeración

Un dos obxectivo da cooperativa é promover proxectos de xeración de enerxía renovable, coa finalidade de producir o 100% da enerxía consumida Esta área é a encarada de formular, estudar a viabilidade, executar e administrar os proxectos de xeración de enerxía renovable.

Comunidade global

Área Social

Como cooperativa socialmente responsable traballamos para acadar un desenvolvemento sostible da contorna na que actuamos. Desde esta área lévanse a cabo todas aquelas accións que melloren a calidade

Organización

Asemblea Xeral

A asemblea xeral é o órgano máis importante de expresión da vontade social.

Consiste na reunión das persoas socias da cooperativa, constituída co obxecto de deliberar e tomar decisións sobre a política xeral da mesma. Cada persoa socia ten un voto, independentemente do capital que achegase á cooperativa.

Consello Reitor

O Consello Reitor é o órgano de xestión e representación da cooperativa, e polo tanto, desenvolve as tarefas ordinarias da cooperativa, aplicando e respectando as decisións acordadas na asemblea xeral.

A día de hoxe, o consello reitor está formado polas seguintes persoas:

  • Presidente: Óscar Milego Fernández
  • Vicepresidente: Serafín Valencia Triviño
  • Secretaria: Rosa Álvarez Bernárdez
  • Tesoureiro: Jose Antonio Eiras Vila
  • Vogal 1: María José Grobas Garaboa
  • Vogal 2: Néstor Vázquez Mariño
  • Vogal 3: Amigos da Terra Galicia (representada por Susana Soto Fernández)

Sustentabilidade

O obxecto de Nosa Enerxía é a comercialización de enerxía
de orixe renovable.

Transparencia

Os beneficios ou excedentes investímolos na cooperativa, na comunidade ou en aquilo que decida a asemblea.

72%

Fusce sed magna enim varius

160k

Nunc semper faucibus odio vel

20M

Aliquam porta fringilla venenatis

¿Tienes dudas?

Deja aquí tus datos y te contestaremos lo antes posible.

De conformidade co que establece a lexislación vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, infórmaselle que os datos persoais que nos facilite a través de devandito formulario serán tratados por NOSA ENERXIA SOCIEDADE COOPERATIVA GALEGA, coa finalidade de xestionar a sua solicitude e enviarlle información máis detallada. Para máis información consultar a política de privacidade.