Dúbidas sobre a Comercialización

Que é unha comercializadora de enerxía eléctrica?

Actualmente, no sistema eléctrico existen tres tipos de empresas que desenvolven as seguintes tarefas:

Empresa produtora: É a que produce ou fabrica a electricidade para logo inxectala na rede eléctrica.

Empresa distribuidora: É a propietaria das redes eléctricas que discorren por todo o territorio ata chegar ás nosas vivendas. Tamén fai a lectura dos contadores da luz.

Empresa comercializadora: É a encargada de comprar, vender e facturar a enerxía eléctrica, segundo as tarifas que teña en cada momento a enerxía eléctrica, ás persoas consumidoras finais.

Nosa Enerxía é unha cooperativa comercializadora de enerxía de orixe 100% renovable e certificada.

Cal é o ámbito de subministro de Nosa Enerxía?

Polo de agora, o noso ámbito de subministro de enerxía eléctrica é estatal, exceptuando Ceuta, Melilla, as Illas Canarias e Baleares.

Para consumir electricidade hai que ser persoa socia?

Actualmente, ofrecemos o servizo de subministración de enerxía de orixe renovable ás persoas socias da cooperativa, xa que consideramos que é importante que vaia medrando día a día a masa social da cooperativa para que, deste xeito, se fortaleza a estrutura e se acaden os obxectivos da cooperativa.

Quen pode contratar subministro de electricidade?

Poderá contratar o subministro de luz calquera persoa socia que o desexe, e que teña a seguinte tarifa:

Tarifa 2.0A con e sen discriminación horaria: para potencias contratadas de ata 10 kW. Este tipo de tarifa é común en casas, pisos, pequenos comercios, oficinas, etc.

Aquelas persoas socias que teñan potencias contratadas de máis de 10 kW poden optar polas tarifas : 2.1A,2.1DHA,2.1DHS e 3.0A

Podo ter o bono social con Nosa Enerxía?

 As únicas empresas autorizadas para ofrecer o bono social son as comercializadoras de último recurso (CUR). Nosa Enerxía non é unha CUR.

Para máis información, clica aquí.

Podo ter a tarifa regulada PVPC (Prezo Voluntario para o Pequeno Consumidor) con Nosa Enerxía?

 Nosa Enerxía non é un comercializadora de último recurso (CUR), e polo tanto, non podemos ofrecer a tarifa de último recurso.

Que prezos teñen as tarifas de Nosa Enerxía?

Ver tarifas.

Cantos contratos de luz pode ter cada persoa socia?

Cada persoa socia poder ter todos os contratos que queira, sempre e cando estes estean ao seu nome.

Asemade, existe a posibilidade de que cada persoa socia se responsabilice/avale ata un contrato de luz doutros titulares. Isto significa que a persoa socia que avala se responsabiliza das débedas do contrato da persoa avalada. Con esta fórmula, as persoas que non estean convencidas ou non poidan asociarse á cooperativa poden contratar o subministro de electricidade se unha persoa socia de Nosa Enerxía as avala.

Podo contratar o subministro de luz se estou en alugueiro?

Como persoa que usa e paga o servizo do subministro eléctrico, podes elixir a compañía comercializadora que desexes. Podes facer o cambio de comercializadora mantendo o nome da persoa propietaria, ou poñelo ao teu nome; calquera opción é posible.

Como fago o cambio de compañía comercializadora?

No momento que sexas persoa socia da cooperativa, xa podes contratar a luz enchendo o formulario “Contratar”. Para este proceso, só necesitas o teu número de persoa socia, o teu DNI e unha factura recente da luz.

Cando cumprimentes e nos envíes o formulario, xa nos encargamos de facer todas as xestións para efectuar o cambio de subministradora de electricidade. Este proceso dura entre 15 días e tres meses, polo que che informaremos dos progresos do proceso.

Se cambio de comercializadora, teño que modificar a miña instalación eléctrica?

Se decides pasarte a Nosa Enerxía, non necesitas cambiar a instalación eléctrica, xa que unicamente cambias a compañía que che vai facturar a luz, segundo as súas tarifas.

Voume quedar sen luz cando faga o cambio?

No proceso de cambio da compañía actual a Nosa Enerxía non te vas quedar sen subministro eléctrico, xa que a túa vivenda ou negocio van seguir conectados á rede eléctrica e polo tanto non che vai faltar o subministro de electricidade.

Cando decides cambiar de comercializadora de electricidade só cambias a compañía que che vende e factura a electricidade.

De quen é o contador da luz?

O contador da luz pode ser da empresa distruidora ou teu. Para saber de quen é o contador só tes que consultar a túa factura da luz. Se che están a cobrar un concepto que se chama “Alquiler de equipos de medida”, ou semellante, o contador é da empresa distribuidora, e polo tanto, estás a pagar o alugueiro do contador. Se non che aparece isto na factura, o contador é teu.

Quen fai a lectura do contador da luz?

 A empresa distribuidora é a encargada de ler os contadores e, a continuación, envía as lecturas á empresa comercializadora. Unha vez que a comercializadora dispón das lecturas dos contadores, fai a facturación da electricidade, segundo as súas tarifas, ás persoas consumidoras finais.

Por outra banda, as distribuidoras están obrigadas a facer unha lectura real cada dous meses e, no caso de que as persoas encargadas de facer as lecturas non poidan acceder ó teu contador, existen varias posibilidades:

– Nos bloques de pisos, o persoal das distribuidoras adoita deixar unha ficha para que cada persoa anote a súa lectura e a envíe por correo postal gratuíto.

– Pódese chamar á distribuidora para dar a lectura por teléfono.

– Outras, segundo o caso.

A quen chamo en caso de avaría na rede eléctrica?

 Calquera problema que haxa na rede eléctrica –baixadas de tensión, cortes de subministro, etc.– é competencia da empresa distribuidora da túa zona, xa que é a encargada de manter en bo estado devanditas redes. O teléfono de contacto coa distribuidora da túa zona figura na túa factura da luz.

Necesitas máis axuda? Contacta.

Necesitas máis axuda? Contacta.

 

Entidades socias:

TECGAL cousas da terra cdr portas abertas en comun espazocoop itaca boa vida concello de san sadurninho BNG adega Lugo a galleira cultura do pais agaca comunidade de montes de asados amigos da terra cidadania abeiro equo galicia galivoltaica sl Semente sacauntos lareira de alen arbore coop circulo de recreo de lalin Pegadas S coop galega esquerda unida lugo novo 7H cooperativa aldea coop A Gentalha do Pichel ACDeM Armadiña Ouresnse en Comun teatro ensalle numax amarelante it fabricacion en marea comunidade de montes en man comun de couso Casa Pousadoira Mexillón de Galicia Milhulloa

 

Entidades colaboradoras:

concello de rianxo concello de ames concellodemoaña nasa social media montaxes lagoa a casa de ana cervexa bubela dentalio forococheselectricos Xesmega Xesmega Casa Quiñones