Nosa Enerxía presenta o seu servizo de mobilidade para as persoas socias da coop.
A proposta consiste en adquirir o modelo de coche eléctrico Sion de Sono Motors para as persoas socias da cooperativa.
Os obxectivos son:
• Proporcionar un medio de desprazamento para as persoas socias da cooperativa que sirva para aforrar, ser sostible no consumo enerxético fronte ao petróleo e a emisión de CO2.
• Afianzar a filosofía de Nosa Enerxía S. Coop. Galega de cara apostar por un novo modelo enerxético diferente e innovador.
• Posibilitar cas persoas socias poidan adquirir un coche eléctrico nas condicións máis vantaxosas en canto a prezo.
Si desexas participar neste proxecto de adquirir un coche eléctrico de maneira colectiva podes facelo cubrindo o formulario.