O proxecto de Nosa Enerxía xorde en Galicia pola iniciativa dun grupo persoas que aposta por un novo modelo de xestión enerxética
¿Por qué Nosa Enerxía?
Os principais fornecedores de enerxía son os combustibles fósiles,, fontes de enerxía non renovable que contaminan, degradan e destrúen o medio ambiente no que vivimos.
Eficiencia enerxética
As fontes de enerxía non renovable non van cubrir as necesidades básicas de enerxía das persoas, polo que é preciso un cambio xeralizado cara a eficiencia enerxética e as enerxías renovables.
Actividade
A actividade da cooperativa organízase en tres grandes áreas:
Área de Comercialización
A Comercialización é a actividade principal da cooperativa. Esta área subministra a enerxía eléctrica de orixe renovable entre as persoas socias da cooperativa. Tamén desenvolve tarefas como xestións no sector eléctrico, tramitación de facturas, atención ás persoas socias, etc.
Organización
Asemblea Xeral
A asemblea xeral é o órgano máis importante de expresión da vontade social.
Consiste na reunión das persoas socias da cooperativa, constituída co obxecto de deliberar e tomar decisións sobre a política xeral da mesma. Cada persoa socia ten un voto, independentemente do capital que achegase á cooperativa.
Sustentabilidade
O obxecto de Nosa Enerxía é a comercialización de enerxía
de orixe renovable.
Transparencia
Os beneficios ou excedentes investímolos na cooperativa, na comunidade ou en aquilo que decida a asemblea.
72%
Fusce sed magna enim varius
160k
Nunc semper faucibus odio vel
20M
Aliquam porta fringilla venenatis
Tes dúbidas?
Deixa aquí os teus datos e contactaremos o antes posible