Ás veces, e non poucas, as distribuidoras non resolven os problemas mediante reclamacións directas á propia distribuidora, polo que quédanos pedir a intermediación da Consellería de Industria ou a de Consumo.

Para presentar unha reclamación perante a Consellería de Industria podes facelo telemáticamente dende a Miña Sede da Xunta, identificándote coa túa “Chave 365” ou sinatura dixital.

1

Unha vez dentro da túa Sede da Xunta debes seguir os seguintes pasos:

2
3
4
5

Unha vez que apareza o formulario tes que encher os datos da persoa reclamante e da persoa contra a quen reclamas.

Podes atopar algúns dos datos das distribuidoras neste censo da CNMC (coma o CIF e o telf de contacto) pero o formulario necesita que lle indiques o enderezo, CP, Provincia… polo que eses datos podes atopalos na web da distribuidora (normalmente no seu “aviso legal”)

Para facilitarche un pouco máis as cousas, achegámosche os datos das distribuidoras principais ou máis grandes:

Máis coñecida como:Os seus CUPS comezan por: Razón SocialNIFEnderezo postalCPProvinciaConcelloLocalidadeTeléfonoEnderezo electrónico 
FenosaES0022UFD Distribución ElectricidadA63222533Avda. San Luis 7728033MadridMadridMadrid915676000csdistribucionelectricidad@ufd.es
BegasaES0033Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A.A33001983Rúa Aller Ulloa, Ramón María nº 927003LugoLugoLugo900505249distribucion_bega@viesgo.com
ViesgoES0027Viesgo Distribución Electricidad S.L.B62733159Rúa Isabel Torres 2539011CantabriaSantanderSantander900505249distribucion_viesgo@viesgo.com
IberdrolaES0021I-DE REDES ELÉCTRICAS INTELIGENTES,S.A.UA95075578Av,San Adrián, 4848003VizcayaBilbaoBilbao900171171contacto@i-de.es
EndesaES0031EDISTRIBUCION REDES DIGITALES, S.L.U.B82846817Rúa Ribera del Loira 6028042MadridMadridMadrid900878119edistribucionweb@enel.com

Logo tes que explicar os feitos que reclamas e o que queres conseguir con esta reclamación na Consellería de Industria.

Máis adiante tes que indicar cal é o organismo da Xunta a quen mandas esta reclamación. Neste caso sería para a “Xefatura Territorial da Vicepresidencia primeira e Consellería de Economía Industrai e Innovación” e indicando a subdelegación correspondente á privincia na que está o CUPS desta reclamación.

No seguinte paso, podes achegar documentación relativa aos feitos desta reclamación (facturas, lecturas, reclamacións á distribuidora…) Si necesitas que Nosa Enerxía S.Coop.Galega che facilite algunha documentación para achegar na túa reclamación á Consellería de Industria, só tes que pedírnola ao correo de nosaenerxia@nosaenerxia.gal

Finalmente só queda asinar dixitalmente a solicitude e documentos achegados na reclamación utilizando a aplicación Autofirma (si non a tes instalada é necesario que a instales)

Si necesitas máis axuda ou tes dúbidas sobre como presentar a reclamación, contacta con nós ao correo de nosaenerxia@nosaenerxia.gal.

Comparte

Leave A Comment