Dende Nosa Enerxía S.Coop.Galega queremos ensinar que pódese acceder ao teu contador, usando a área privada da túa distribuidora.
Accedendo á área privada da túa distribuidora podes ver os teus consumos horarios, potencias máximas demandadas, e os excedentes de enerxía si tes un autoconsumo. Toda esta información podes vela en gráficas e/ou descargala nunha folla de cálculo.
Si a túa distribuidora é:
- UFD: https://areaprivada.ufd.es/login
- Begasa: https://www.begasa.es/acceso
- Viesgo: https://www.viesgodistribucion.com/acceso
- Iberdrola: https://www.i-de.es/consumidores/inicio.html#login
- Endesa: https://www.endesaclientes.com/Login.html
- e-Redes: https://zonaprivada.edistribucion.com/areaprivada/s/login/
Si a túa distribuidora é outra distinta ás anteriores tes o listado de tódalas distribuidoras neste censo da CNMC e si tes algún problema de acceso terías que contactar con ela e pedirlle como acceder á súa área privada.
Pode ser que non sepas cal é a túa distribuidora, polo que neste caso contacta con nós a clientes@nosaenerxia.gal ou no 681608386 (de luns a venres dende as 10:00h até as 14:00h) e dirémosche cal é a túa distribuidora.