¿Qué es una tarifa indexada?

Prezo variable para cada hora do día, actualizados día a día.

As tarifas indexadas (2.0TDI e 3.0TDI) ofrecen a electricidade ao prezo do Mercado Libre, polo que cada hora de cada día ten un prezo diferente. Esto fai que cada día teña 24 prezos diferentes, un prezo para cada hora do día.

Os prezos de cada hora do día asemellaránse aos do PVPC, pero siendo energía 100% renovable.. O prezo da enerxía poderá coñecerse a partir das 12:15h (logo de que remate o proceso de casación no Mercado Diario e se fixen os prezos definitivos para o día seguinte).

Tarifas indexadas

Paga polo que consumes en cada momento

Formula de fixación de prezo

El precio de la energía varía cada hora y cada día, por lo que no se puede establecer un horario, y su coste tendrá una variación similar a la del PVPC, pero 100% renovable.

O importe do término de enerxía está composto por dous conceptos: o custe dos peaxes e cargos (regulados) e o custe da enerxía consumida.

O custe da enerxía consumida obterase multiplicando a enerxía consumida polo prezo horario da enerxía, calculado segundo a seguinte fórmula:

Precio = 1,015 x Perd x (Mercado Diario + Mercados Ajuste + Precios Regulados + Gestión Nosa Enerxía)

  • 1,015 fai referencia ao pago das Taxas Municipais – por ocupación de chan – que ten que asumir Nosa Enerxía S.Coop.Galega, correspondente ao 1,5% do importe total facturado pola enerxía
  • Perdas: Perdas totais do Sistema Eléctrico español.
  • Mercado Diario: Prezo horario do Mercado Diario do Operador do Mercado Eléctrico español.
  • Mercado de Axuste: Prezos dos Mercados de Axuste do Operador do Sistema Eléctrico español.
  • Prezos Regulados: Prezos dos conceptos regulados na normativa vixente.
  • Xestión Nosa Enerxia: Prezo pola xestión do contrato

Prezo da xestión de Nosa Enerxía

O prezo da xestión de Nosa Enerxía inclúe:

  • GdOs (€/MWh): Garantías de Orixe Renovable
  • Custe Operación (€/MWh)
  • Sobrecuste desvíos (€/MWh)
  • FNEE (€/MWh): Fondo nacional de eficiencia enerxética
  • Gastos propios do funcionamento da cooperativa. Moitas comercializadoras toman só esta parte como referencia para o custe de xestión.

Duración: un ano

Revisión de prezos: trimestral e/ou conforme se modifiquen os peaxes fixados polo Ministerio de Industria, ou os conceptos regulados. No caso de modificalas antes comuncicaríamolo ás persoas consumidoras ao seu correo electrónico con suficiente antelación.

Outros conceptos: non inclúe peaxes e cargos da enerxía, alugueiro do contador, imposto eléctrico, nin IVE, nin o financiamento do Bono Social nin o axuste do tope do gas.

INDEXADO PROMEDIO: No caso de non dispoñer da curva de carga horaria correspondente realizarase un promedio dos custos de mercado por cada período que se aplicarán ao total da enerxía consumida no período que corresponda.

En Nosa Enerxia S.Coop.Galega pagarás por lo que consumas, sin cuotas mensuales.

Prezo medio na tarifa indexada

AnoMes€/kWh
Prezo medio 12 meses0,16
2022Agosto0,23
2022Setembro0,22
2022Outubro0,20
2022Novembro0,20
2022Decembro0,18
2023Xaneiro0,15
2023Febreiro0,22
2023Marzo0,17
2023Abril0,15
2023Maio0,15
2023Xuño0,17
2023Xullo0,17
2023Agosto0,17
2023Setembro0,18
2023Outubro0,17
2023Novembro0,14
2023Decembro0,15
2024Xaneiro (provisional até o 18/01/24)0,15

 

En Nosa Enerxía S.Coop.Galega pagarás polo que consumas, sen cotas mensuais, e cunha das potencias mais económicas do mercado

*Descubre o teu historial de potencias demandada na área privada da túa distribuidora:

Prezo variable cada hora e cada día

Recomendacións de consumo

Os horarios máis económicos normalmente prodúcense en intres de baixa demanda e alta produción de enerxía como os comentamos a continuación:

  • Entre as 14:00h e as 18:00h: grazas a enerxía solar (en decembro os días son máis curtos).
  • Pola noite: grazas a enerxía eólica (no verán hai pouca enerxía eólica e moita fotovoltaica).
  • Fin de semana: Os prezos son moito máis económicos nas fins de semana, especialmente durante o día debido a baixa demanda e a que os cargos e peaxes son moito máis baixas.

Vantaxes e inconvintes da tarifa indexada

As tarifas indexadas con enerxía 100% renovable ofrecen a electricidade ao prezo de mercado, polo que cada hora de cada día ten un prezo diferente. Esto fai que cada día teña 24 prezos diferentes, un prezo para cada hora do día.

Os prezos de cada hora do día asemellaránse aos do PVPC, pero sendo enerxía 100% renovable. O prezo da enerxía do PVPC podera coñercerse a partir das 21:00 do día anterior aproximadamente.

Vantaxe da tarifa indexada

  • Pagas a luz a prezo de Mercado, polo que si o prezo do Mercado baixa, a túa tarifa tamén.
  • Nosa Enerxía S.Coop.Galega reduce o risco en caso de que o Mercado se dispare, por elo podemos reducir a marxe de comercialización.

Desvantaxes da tarifa indexada

  • Non hai prezo fixo polo kWh
  • Non coñecemos o prezo do kWh no futuro, xa que só podemos saber o prezo da enerxía de hoxe.
  • Estar exposta ás subidas* do Mercado.

* No escenario actual e moi improbable que se produzan grandes subidas de prezos. Todalas previsións apuntan a que a oferta de enerxía renovable vai seguir crecendo, mentres que a demanda de enerxía eléctrica está estancada.

Perspectivas futuras sobre o prezo da Enerxía

E a súa influencia na tarifa indexada.

Antecedentes

Dende 2008 vense producindo unha caída continuada da demanda de electricidade en España, que a nivel Europeo e de EEUU se percibe como un estancamento da demanda de electricidade. Esta baixada da demanda é froito da externalización de industrias electrointensivas cara países con enerxía máis económica, procedente xeralmente de carbón, como pode ser o caso de China e a India.

Evolución histórica da xeración eléctrica en España
Electricidade total usada en USA dende 1975 ata 2000
Electricidade xerada en Europa dende 1990 ata 2002

Dende 2019 iniciouse en España unha meteórica expansión das enerxías renovables lideradas pola enerxía solar fotovoltaica. De seguir as tendencias actuais en 2024 duplicaríamos a potencia renovable instalada en 2019.

Potencia renovable instalada, incluíndo autoconsumo e sen bombeo hidráulico

Este feito compensouse parcialmente coa practica desaparición do mix eléctrico do carbón, e unha notable redución da demanda de gas natural. Precisamente a baixada na demanda do gas natural reduciu e estabilizou os prezos desta materia prima evitando picos de prezos tan elevados. Neste intre tamén está comezando a notarse unha redución da demanda de enerxía nuclear, que comezarán a pecharse en 2027.

En consecuencia a situación actual e que estamos ante un escenario de gran aumento da produción renovable, e unha lenta electrificación da sociedade, o que supón que os prezos de mercado tendan a estar máis baixos que os prezos de futuros que precisan garantir a viabilidade das explotacións de xeración, e no caso de non poder facelo a través de este mecanismo, prefiren agardar por mellores oportunidades de mercado que a actual.

Por elo o mais recomendable dende un punto de vista económico, para un consumidor normal sen moitos excedentes de autoconsumo que faga un uso intensivo do peto virtual, é ter unha tarifa a prezo de mercado.

E dende un punto de vista de conciencia social a mellor opción sería sen dúbida Nosa Enerxía S.Coop.Galega porque ofrecemos
enerxía 100% renovable, un paso necesario, aínda que non suficiente para a transición enerxética e loitar contra o cambio climático, cunha tarifa moi competitiva, e a través dunha sociedade participativa, democrática, socialmente comprometida co entorno e sen ánimo de lucro, mais aló de buscar as mellores tarifas posibles con enerxía 100% renovable para as nosas socias.