ASEMBLEA do 30 de abril do 2022




Día: 30 de abril do 2022
Lugar: virtual a través da plataforma ZOOM.
Hora de comezo: 11:00 en primeira convocatoria e 11:30 en segunda convocatoria. Non
se admitirá entrar na asemblea pasadas as 11:35h.
Hora de remate: 13:00 (aproximadamente)

Orde do día:

  1. Incorporación de Nosa Enerxía S. Coop. Galega a FIARE e a COOP57
  2. Elección das persoas que asinarán a acta.
    Xunto coa presidente e secretaria da asemblea, teñen que asinala tres persoas presentes na
    asemblea.
  3. Rogos e preguntas.

Aqui podes atopar a documentación e instruccións necesarias para asistir á asemblea, o calendario desta asemblea, o exercicio do voto e o procedemento de participación da asemblea.

Para resolver calquera dúbida podes enviar un correo electrónico a Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.

Inscrición para asistir á asemblea.

Para garantir o texto normativo e estatutario así como o normal funcionamento da asemblea, establecemos un prazo de inscrición para asistir a asemblea, dende o día que reciba esta convocatoria ata o día 24 de abril de 2022 ás 23:59h

A inscrición deberase facer a través do seguinte formulario: https://forms.gle/Gv8xusLDHF2GePJa6

Confirmaranse (ao correo electrónico indicado no formulario anterior) tódalas inscricións e votos delegados válidos.

Nos días anteriores á asemblea, enviaremos o enlace correspondente, con todas as indicacións oportunas, que lle faciliten o acceso á asemblea.

Achégase coa convocatoria o modelo de representación/voto delegado correspondente, que de ser o caso, deberá xuntalo, no momento de cursar a súa inscrición para a asemblea, a través do correo-e: Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.

Segundo o Artigo 25.2 dos Estatutos Sociais da cooperativa

A asemblea quedará validamente constituída en primeira convocatoria cando estean presentes e representados a maioría dos votos sociais, e en segunda con calquera que sexa o número de cooperativistas presentes ou representados. Serve acadar estes quórums ao comezo da sesión para que a presidencia a declare validamente constituída.

Segundo o artigo 26.4 dos Estatutos sociais da cooperativa

As persoas socias poderán facerse representar por outras persoas socias, polo seu cónxuxe, ou polos seus parentes ata o terceiro grao de consanguinidade ou segundo por afinidade, con plena capacidade de obrar, autorizándoas por escrito autógrafo ou poder especial subscrito polo representado ou representada para cada asemblea, verificada tal representación polo presidente ou presidenta e o secretario ou secretaria da asemblea.

Este escrito autógrafo ou poder especial deberá estar asinado manuscrita ou dixitalmente.

No caso de sinatura manuscrita, deberán achegar xunto co documento de representación, unha copia do DNI de cada unha das persoas socias a quen representa.

Calendario.

O calendario para esta Asemblea será o seguinte:

  1. Dende o día 13 até o día 24 ás 23:59h ábrese o prazo para:

    • rexistrarse como persoa socia asistente e votante á asemblea.

    • rexistrar as delegacións de votos.

  2. As posibles incidencias no rexistro de votos delegados teranse que solucionar antes do día 26 ás 23:59h.

  3. Tódalas persoas socias ás que se lle confirme o seu rexistro como asistente e votante á asemblea terá que rexistrarse na plataforma de votación antes do día 30 ás 10:59h.

Documentación.

Uso de ZOOM.

Exercicio e dereito de voto.

 

Entidades socias:

TECGAL cousas da terra cdr portas abertas en comun espazocoop itaca boa vida concello de san sadurninho BNG adega Lugo a galleira cultura do pais agaca comunidade de montes de asados amigos da terra cidadania abeiro equo galicia galivoltaica sl Semente sacauntos lareira de alen photo 2021 09 09 00 13 00 circulo de recreo de lalin Pegadas S coop galega esquerda unida lugo novo 7H cooperativa aldea coop A Gentalha do Pichel ACDeM Armadiña Ouresnse en Comun teatro ensalle numax amarelante it fabricacion comunidade de montes en man comun de couso Casa Pousadoira Mexillón de Galicia Milhulloa tameiga A Mesa LOGOTIPO DORADO NAI daveiga ecocelta2

 

Entidades colaboradoras:

rianxo concello de ames concellodemoaña nasa social media montaxes lagoa a casa de ana cervexa bubela dentalio forococheselectricos Xesmega Xesmega Casa Quiñones LMT Abogados regueiro