Dalle a enerxía renovable que máis lle gusta con Nosa Enerxia S. Coop. Galega!

 
Xa tedes a vosa disposición as tarifas da luz de Nosa Enerxía S. Coop. Galega para o segundo trimestre de 2021.
Resultado da interacción e traballo entre o Concello da Illa de Arousa, Arousa en Transición e Nosa Enerxía S. Coop. Galega,no marco do proxecto Clean Energy for EU Islands presentamos a instalación fotovoltaica na cuberta da escola infantil Galiña Azul da Illa de Arousa que será realidade no primeiro semestre do 2021 por cortesía de Electricidade Elesma do Grove.
A importancia deste proxecto radica en facer unha instalación nun centro educativo que vai servir de exemplo para a educación medioambiental no centro, aforro enerxético e económico, evitar emsións de CO2, soberanía enerxética, xerar emprego e riqueza no entorno, compensación de excedentes de autoconsumo, primeira peza da futura comunidade enerxética na Illa de Arousa,
Agradecer ás persoas socias de Nosa Enerxía S. Coop. Galega pola súa confianza e conseguir convertir as palabras en feitos.Este proxecto leva implicita a vosa sinatura como protagonistas no cambio de modelo enerxético.

Nosa Enerxía S. Coop. Galega impartiu o pasado 18 de decembro, un obradoiro sobre exemplos de cooperativismo.O presidente de Nosa Enerxía S. Coop. Galega, Ángel Montero fixo unha presentación da cooperativa en aula D en Vigo.

O vindeiro 27 de novembro, o vicepresidente de Nosa Enerxía S. Coop. Galega, Pablo Álvarez vai a intervir na palestra  sobre a Enerxía Comunitaria en Europa no marco do Seminario. Internacional Os venres ao vento, organizado pola OEGAL.

Nosa Enerxía S. Coop. Galega na Feira de Alternativas contra a Emerxencia Climática no marco de Compostela+Solidaria o pasado vénres 18 de Setembro de 2020.

A coop. estivo presente co laboratorio de enerxías renovables e no test de mobilidadecon motivo da Semana Europea da Mobilidade.Participamos nun test para facer un percorrido en Santiago de Compostela e comparar a sostibilidade de diferentes medios de transporte (coche eléctrico compartido, bicicleta, bus urbano e camiñar a pé) empregados en base o seu consumo enerxético, eficacia e eficiencia, calidade de vida e saúde, menos emisións de CO2 e aporte de maior aforro económico.

Persoas socias de Nosa Enerxía S. Coop. Galega interviron nun obradoiro online de formación sobre comunidades enerxéticas organizado por Ecoloxistas en Acción.

 
 

Nosa Enerxía S. Coop. Galega participou  na mesa redonda sobre Enerxías renovables, a clave para un futuro verde e azul, no marco do Festival Mar de Mares.


Moderados por Guillermo Iglesias, Profesor de Economía Ambiental na Facultade de Económicas da UDC, darannos as claves para entender a importancia que para o noso futuro representa a transición enerxética e o potencial do mar na xeración de enerxía renovable.

Interviron:

Pablo Álvarez Fernández, Vicepresidente (Nosa Enerxía)

Antonio Fernández-Montells, Director Financieiro (Greenalia)

Anxo Ramón Calvo Silvosa, Coordinador do Grupo de Investigación GREFIN (UDC).

 

www.festivalmardemares.org/actividades/energias-renovables/

No marco da Mostra do Posible 2020 en Cangas do Morrazo.

Nosa Enerxía S. Coop. Galega vai a participar no faladoiro sobre a inevitabilidade do cambio productivo por imperativo climático na Escola das Economías Transformadoras.

O vicepresidente da coop. Pablo Álvarez, vai a falar da experiencia de Nosa Enerxía na mesa de experiencias das economías transformadoras o sábado 03/10/20 de 09:00 - 14:00 horas.

Este vénres 30 de agosto entre as 16:00h-19:00h no punto de información da coop. na Coruña no Ecocentro Pura Vida.


O encontro terá as seguintes actividades:


-Sorteo dun lote de productos do Ecocentro Pura Vida para as persoas socias que asistan a este evento.
-As persoas que se asocien a cooperativa en este evento, recibirán un vale de compra por valor de 10€ en productos do noso punto de información.
-Petisco para as persoas socias de Nosa Enerxía.
-Exposición V aniversario de Nosa Enerxía.
-Información sobre a factura da luz e actividade da coop.

Nosa Enerxía S. Coop. Galega presenta o evento do seu V aniversario que terá lugar na Illa de Arousa.O programa de actividades ten como obxeto amosar á sociedade o traballo feito pola coop. nos últimos 5 anos e sobre todo homenaxear ás persoas socias de Nosa Enerxia.

Páxina 1 de 2

Entidades socias:

TECGAL cousas da terra cdr portas abertas en comun espazocoop itaca boa vida concello de san sadurninho BNG adega Lugo a galleira cultura do pais agaca comunidade de montes de asados amigos da terra cidadania abeiro equo galicia galivoltaica sl Semente sacauntos lareira de alen arbore coop circulo de recreo de lalin Pegadas S coop galega esquerda unida lugo novo 7H cooperativa aldea coop A Gentalha do Pichel ACDeM Armadiña Ouresnse en Comun teatro ensalle numax amarelante it fabricacion en marea comunidade de montes en man comun de couso Casa Pousadoira Mexillón de Galicia Milhulloa

 

Entidades colaboradoras:

concello de rianxo concello de ames concellodemoaña nasa social media montaxes lagoa a casa de ana cervexa bubela dentalio forococheselectricos Xesmega Xesmega Casa Quiñones LMT Abogados