No marco da Mostra do Posible 2020 en Cangas do Morrazo.

Nosa Enerxía S. Coop. Galega vai a participar no faladoiro sobre a inevitabilidade do cambio productivo por imperativo climático na Escola das Economías Transformadoras.

O vicepresidente da coop. Pablo Álvarez, vai a falar da experiencia de Nosa Enerxía na mesa de experiencias das economías transformadoras o sábado 03/10/20 de 09:00 - 14:00 horas.

Este vénres 30 de agosto entre as 16:00h-19:00h no punto de información da coop. na Coruña no Ecocentro Pura Vida.


O encontro terá as seguintes actividades:


-Sorteo dun lote de productos do Ecocentro Pura Vida para as persoas socias que asistan a este evento.
-As persoas que se asocien a cooperativa en este evento, recibirán un vale de compra por valor de 10€ en productos do noso punto de información.
-Petisco para as persoas socias de Nosa Enerxía.
-Exposición V aniversario de Nosa Enerxía.
-Información sobre a factura da luz e actividade da coop.

Nosa Enerxía S. Coop. Galega presenta o evento do seu V aniversario que terá lugar na Illa de Arousa.O programa de actividades ten como obxeto amosar á sociedade o traballo feito pola coop. nos últimos 5 anos e sobre todo homenaxear ás persoas socias de Nosa Enerxia.

Comezamos o 2019 lanzando Nosa Enerxía Mobilidade.O servizo de mobilidade de Nosa Enerxía quere poñer a disposición das persoas socias da coop. un acceso ao coche eléctrico dun xeito doado e sinxelo.Si queres participar, xa podes facelo cubrindo o formulario que podes atopar en Mobilidade nesta mesma web.
Páxina 3 de 3