Mércores, 19 Mai 2021 16:44

Novas tarifas da luz a partir do 1 de xuño

Novas tarifas da luz 

En xullo de 2019 a Comisión Nacional dos Mercados e a Competencia ( CNMC) publicou unha primeira proposta dunha nova metodoloxía para o cálculo das peaxes de transporte e distribución de electricidade (novas tarifas). Nese escrito dicíase que entrarían en vigor o 1 de xaneiro de 2020, pero tras os períodos de consultas e alegacións, foise atrasando.

Finalmente, a nova proposta publicouse no BOE, e por tanto fíxose oficial, o 15 de xaneiro de 2020 (Circular 3/2020, do 15 de xaneiro). Neste novo documento indícase que as novas tarifas entrarían en vigor o 1 de novembro de 2020, pero debido á situación actual provocada polo COVID-19 atrasouse a súa entrada en vigor ao 1 de abril de 2021 (Circular 7/2020 do 22 de xullo). O 25 de febreiro, o Miteco anunciou que a data definitiva será o 1 de xuño de 2021.

Novas tarifas ATR:

  • Todas as tarifas ATR do sistema cambiarán ao novos sistema tarifario: consumidores domésticos e empresas.

  • Os cambios en potencia afectan na forma de contratación, número de períodos e na maneira de penalizar os excesos.

  • A principal novidade no termo de enerxía é a introdución da discriminación por períodos, obrigatoria en todas as tarifas.

  • Créase unha tarifa especial para os puntos de recarga públicos.

Créanse dúas tarifas ATR para vehículos eléctricos: 3.0 TDVE e 6.1 TDVE: Estas tarifas ATR terán un desconto no custo ATR de potencia e de enerxía (20% e 80% respectivamente das peaxes de transporte e distribución, cunha utilización do 10%)

  • Exclusivamente para recarga de vehículo eléctrico con acceso público.

  • Aplicación a aqueles puntos de subministración en redes de tensión inferior a 30 kV e con potencia contratada superior a 15kW.

Créanse tarifas ATR para autoconsumo a través de rede:

  • Tarifas 2.0 TDA, 3.0 TDA, 6.1 TDA, 6.2 TDA, 6.3 TDA e 6.4 TDA.

  • Mesma estrutura que as novas tarifas.

imagen1

 

A continuación explicamos as características das tarifas que afectan ás persoas socias de Nosa Enerxía:

Tarifas 2.0 TD

  • A nova tarifa 2.0 TD substitúe ás tarifas 2.0 e 2.1 actuais.

  • Tensión < 1 kV.

  • Potencia contratada ≤ 15 kW en todos os períodos.

  • Dous termos de potencia: punta e val.

  • Tres termos de enerxía: punta, chairo e val.

  • 8 horas cada período en días laborables.

  • En total ao ano hai máis do 50% de horas en período vale.

Potencia:

 potencia

Enerxia: 

enerxia

 

 

O período punta é o máis caro de todos, seguido do chan. Por último o val que é o más barato dos tres

 

 

Tarifas 3.0 TD

Tensión < 1 kV (baixa tensión). Potencia contratada > 15 kW en polo menos 1 dos períodos.

Seis termos de potencia con potencias crecentes, Pn+1 ≥ Pn.

P1 actual = P1 na nova tarifa.

P2 actual = P2, P3, P4 e P5.

P3 actual = P6 (pasaría a ser a máis alta contratada).

Principais novidades:

• Potencias crecentes: P1≤ P2 ≤ P3 ≤ P4 ≤ P5 ≤ P6

Cambian as penalizacións por excesos de potencia.

Períodos de enerxía e potencia

Os períodos dividen as horas do ano en función da tempada, o día da semana e a hora do día.

O ano dividirase en catro tempadas e 5 tipos de días:

 

dias

 

horas

 

As horas de cada período segundo o tipo de día:

 

periodos

 

En formato táboa:

 

taboa