Dende Nosa Enerxía S.Coop.Galega queremos explicar as modificacións normativas polas que se creou un mecanismo de axuste no Mercado Eléctrico, no que se fixa un tope do prezo do gas para a produción de enerxía eléctrica, e como este mecanismo afecta a Nosa Enerxía S.Coop.Galega e ás persoas consumidoras.

O Real Decreto lei 10/2022, do 13 de maio, establece un mecanismo temporal que limita os efectos da escalada de prezos que o gas natural está tendo no mercado maiorista de electricidade.

Este mecanismo entrou en vigor o 15 de xuño de 2022, e estará vixente ata o 31 de maio de 2023.

Esta medida limita o prezo do gas a 40 €/MWh durante os seis primeiros meses, incrementándose a partir de aí en 5 €/MWh ata alcanzar un valor de 70 €/MWh no último mes (valores inferiores aos prezos medios dos últimos meses) polo que se supón que o efecto será positivo nas tarifas.

O Real Decreto-lei establece un sistema de compensación para retribuírlles, por esta rebaixa, ás centrais que usan gas como se houbesen ofertado un prezo normal; e tamén que esta compensación será asumida polas consumidoras.

O tope do gas non afectará á demanda asociada ás coberturas financeiras ou contratos bilaterais anteriores o 26 de abril do 2022, que estarán exentas de pagar este axuste. Polo que a medida que pasen os meses e venzan as coberturas financeiras anteriores o 26 de abril o consumo asociado a estas coberturas irá diminuíndo, e o custe de axuste tamén debería ir diminuíndo.

Nosa Enerxía S.Coop.Galega a través do seu representante de mercado declarou ante o Operador de Mercado as coberturas financeiras que tiñamos anteriores o 26 de abril, e que nos axudaron a fixar a parte fixa do prezo dos nosos contratos. Pero deberemos pagar polo axuste correspondente á enerxía mercada no mercado maiorista, e non asociada a coberturas.

 

Por iso, nas facturas que teñan consumos posteriores ao 15 de xuño de 2022, incorporarase unha nova liña ou concepto na factura na que se repercute o custe do mecanismo de axuste.

 

Consideracións sobre o mecanismo de axuste:

Segundo o deseño marxinalista do mercado, o prezo da electricidade fixase a partir a última unidade de xeración precisa para abastecer a demanda en cada hora, isto é, a tecnoloxía con maior prezo, que non necesariamente é a máis cara de producir.

A realidade a hidroeléctrica é que a tecnoloxía con maior prezo e a máis barata de producir (nun 55% das veces no 2021) xa que aproveita o custe de oportunidade de ter flexibilidade total para producir a enerxía coa auga embalsada nos momentos de maior demanda. Estes encoros están amortizados e poderían ser recuperados polo goberno de balde ao fin das súas concesións, ofrecendo a oportunidade de baixar de xeito importante as tarifas eléctricas mantendo a rendibilidade de todas as demais tecnoloxías. Pola contra os partidos políticos que se alternan no goberno de España, PP e PSOE néganse en rotundo a cortarlle esta oportunidade de beneficios extraordinarios ás eléctricas (as famosas portas xiratorias do oligopolio)

As tecnoloxías fósiles por contra, no 2021 tan só fixaron o prezo máis caro un 17,5 % das veces, polo que o efecto desta tarifa é probable que sexa limitado.

O que se quere conseguir co mecanismo de axuste é que ao reducir o prezo de oferta das tecnoloxías fósiles, se reduza o prezo final da enerxía no mercado. Pero para valorar os efectos reais deste mecanismo debemos de ter en conta o seguinte:

O aforro non será con respecto ao prezo anterior á entrada en vigor do mecanismo, senón que será con respecto ao que se tería que pagar si non existise o mecanismo de axuste para o tope do gas.

En calquera caso o efecto do mecanismo está minorado por varios factores:

  • A electricidade que se exporta a Francia a prezos rebaixados non paga a compensación do mecanismo de axuste, en realidade pagamos os consumidores españois pola compensación da electricidade exportada.

  • A maior exportación de electricidade provocada pola baixada de prezos repercute nunha maior demanda, que implica a entrada de enerxía procedente de centrais de gas máis ineficientes, e a entrada de tecnoloxías con maior prezo que doutro xeito non terían que entrar.

  • As coberturas financeiras, ou contratos bilaterais anteriores o 26 de Maio, non teñen que pagar por este mecanismo, o que implica unha redución do custe.

  • O prezo do gas volveu a entrar nunha dinámica alcista, pola escaseza de gas no mercado, engadido as tensións xeopolíticas existentes agora mesmo. Isto fai que o efecto do mecanismo sexa maior que de non existir, pero o mesmo tempo fai subir o prezo da electricidade con respecto a situación do trimestre anterior onde desfrutamos de mellores prezos.

Nosa Enerxía S. Coop. Galega vai a participar na Mostra do Posible 2021.Nesta edición imos a facer un obradoiro sobre "Enerxía e Economía Solidaria" e dispoñer dun punto de información da cooperativa.Vémonos en Cangas do Morrazo!

O vindeiro 28 de agosto terá lugar no Concello de San Sadurniño a XII Feira Rural, que contará coa presencia de Nosa Enerxía S. Coop. Galega.

Xa é realidade na CMVMC de Tameiga a instalación fotovoltaica de 100KW de potencia da denominada nave de Coregal que se inclue no proxecto de Tameiga apoiado por Nosa Enerxía S. Coop. Galega.Enerxía renovable xerada en Mos!!

Obxetivo cumprido!! Acadamos os 19000€ en avais mancomunados para 3º proxecto de Tameiga. Grazas ás persoas socias de Nosa Enerxía que participáchedes nesta campaña e facedes posible este éxito e feito histórico para Nosa Enerxía S. Coop. Galega.

O xoves 17 de xuño ás 17:30 horas, realizaremos unha nova edición da Escola de enerxía organizado por Boa Vida Inclusión Activa.
 
Con motivo das novas tarificacións das eléctricas, Pablo Álvarez de Nosa Enerxía S. Coop. Galega daranos consellos e claves sobre o aforro enerxético, a factura eléctrica dixital e os novos tramos horarios de uso eléctrico.
 
Convidámoste a traer a túa última factura de electricidade para aprender a analizala correctamente.
 
Se queres participar nesta edición podes contactarnos no 698.124.762 ou no email Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
 
Por razóns sanitarias o cupo de prazas será reducido, recomendámoste que te inscribas canto antes.

Nosa Enerxía participou na Universidade de Verán 2021 da USC, organizado por Manos Unidas e a Universidade de Santiago de Compostela.O 16 de xuño participamos na mesa sobre economía circular como alternativa ao sistema de producción e consumo actual, dando a coñecer a proposta de Nosa Enerxía S. Coop. Galega.

A partir do 1 de xuño entra en vigor unha nova estrutura de tarifas eléctricas para as comercializadoras eléctricas do estado.

Xa teñen a súa disposición e con toda a información, as novas tarifas da luz 2.0TD e 3.0TD de Nosa Enerxía S. Coop. Galega.

http://nosaenerxia.gal/index.php/gl/tarifas/tarifa-2-0-td

 
 
 
 
 
A cooperativa Nosa Enerxía apoia o manifesto "Aldeas con horizonte", por unha moratoria de novos parques eólicos e por un novo modelo de desenvolvemento eólico pra Galicia.
Uns 60 colectivos galegos do ámbito ecoloxista, sindical, veciñal, cultural, xunto con plataformas de persoas e comunidades de montes afectadas por parques eólicos abusivos en Galiza lanzaron a finais do 2020 o manifesto "Aldeas con Horizonte" no que demandaban a moratoria de novos parques eólicos, a revisión dos xa aprobados con conflito social e/ou ambiental e a elaboración dun novo marco normativo en materia eólica que promova no país un modelo de implantacion desta enerxía máis ordenado, sostíble, social, participativo, xusto e racional.
Dende Nosa Enerxía pensamos que é preciso abrir un debate social amplo contando coa cidadanía e con todos os axentes implicados.
Levar a cabo ese cambio de modelo polo que Nosa Enerxía apostou cando se creou a cooperativa,  que poña no centro ás persoas, respetando o medio ambiente e apostando por un desenvolvemento sostible e de xustiza social, promovendo un consumo responsable, descentralizado, que fortaleza o ámbito da economía local, os nosos pobos, os nosos montes, o noso patrimonio.  Falamos de participación, do dereito a decidir poñendo ás persoas no centro do debate.

Debemos participar, reclamar o noso dereito a decidir no novo proceso social co propósito de recuperar a soberanía enerxética, e poñerlle  o freo a ese mal chamado "interés xeral" que en nome da transición enerxética fomenta modelos especulativos e de lucro.
Como din os colegas da cooperativa Goiener, frente aos macro parques eólicos: "decidir si como sociedad somos conscientes de la emergencia climática; si queremos que prevalezcan los valores medioambientales y sociales frente a los intereses económicos"

Podes ler o Manifesto eiquí:
http:// https://www.change.org/p/aldeas-con-horizonte-moratoria-xa-de-novos-parques-eólicos-e-novo-modelo-de-desenvolvemento-eólico
 
Nosa Enerxía S. Coop. Galega é unha cooperativa sen ánimo de lucro e unha das áreas onde se manifesta este feito é área social/verde.A coop. ten unha ferramenta para cooperar con entidades socias, os convenios sociais. Trátase dunha formula beneficiosa para as partes que convenian, dun lado, apostar pola filosofía e modelo de transición enerxética coa coop. pola parte dos membros da entidade socia e por outra Nosa Enerxía corresponde axudando proxectos de tipo social, medioambiental, deportivo, cultural ou científico da entidade socia.
A entidade socia da coop. Amigos da Terra, asinou fai máis dun ano, un convenio social da coop. Nosa Enerxia vai a facer unha aportación económica ao proxecto de Amigos da Terra: Cultivando culturas. Horta de aprendizaxe comunitaria intercultural que terá lugar na Horta da Terra en Ourense e destinado para usuarias de Provivenda, que é unha ONG que traballa con refuxiadas. Neste caso será para refuxiadas que actualmente reside en Ourense.
Páxina 1 de 3