Importante

Antes de que comeces a encher o formulario, precisamos que poñas especial atención nas seguintes cuestións (xa que nos facilitas o traballo e evitamos confusións):

  • Indica se es unha persoa física (particular) ou xurídica (cooperativa, empresa, asociación, etc.).
  • Escolle o tipo de persoa socia que desexas ser, xa que en Nosa Enerxía S.Coop.Galega existen dous tipos:
    • Persoas socias consumidoras: Son todas aquelas que consumen os produtos e servizos da cooperativa. Para ser persoa socia consumidora compre facer unha achega de 100 € ao capital social, unha soa vez, son retornables en caso de que se deixe a cooperativa. Non hai cotas.
    • Persoas socias colaboradoras: Son todas aquelas que non consumen os produtos e servizos da cooperativa, pero queren colaborar coa cooperativa. Para ser persoa socia colaboradora compre facer unha achega de 200 € ao capital social, unha soa vez, son retornables no caso de que se deixe a cooperativa. Non hai cotas.

Cando vaias facer o ingreso da achega ao capital social indica no “Concepto” o teu nome, apelidos e DNI. Deste xeito, podemos darte de alta de maneira clara.

O Consello Reitor está a tardar unha media de 3 días en dar de alta ás novas socias, aínda que o prazo máximo para dar de alta ás novas persoas socias é dous meses.
Fiare Banca Ética, IBAN: ES65-1550-0001-2000-0535-6225

Estatutos de Nosa Enerxía S.Coop.Galega.

 

Persoa Física

Persoa Xurídica