Tarifa 2.0TD

Tarifa de baixa tensión con potencia contratada inferior a 15kW (maioritariamente domésticos, pequenas empresas e locais comerciais) con tres períodos horarios e con tres precios da enerxía diferentes.

Enerxía

Segundo o momento do día no que se faga o consumo enerxético, a enerxía págase a un prezo ou a outro (independentemente que sexa verán ou inverno)

Durante os días laborais, os prezos da enerxía divídense en tres períodos:

  • Período 1 – P1: de 10 a 14 h e de 18 a 22 h. Durante este período temos o prezo da enerxía máis cara.
  • Período 2 – P2: de 8 a 10 h, de 14 a 18 h e de 22 a 24 h. Durante este período, a enerxía ten un prezo intermedio entre o prezo máis caro da enerxía (P1) e o prezo máis barato da enerxía (P3).
  • Período 3 – P3: de 00h a 8 h de mañá. Durante este período, a enerxía ten o prezo máis económico.

Durante os fins de semana (sábados e domingos) e festivos de ámbito estatal, tódalas horas son do Período 3 (P3) a máis económica.

Potencia

A tarifa 2.0TD permite contratar dúas potencias diferentes, unha por cada período de potencia:

  • Período 1 – P1: de 8 h a 24 h (en días laborais).
  • Período 2 – P2: de 00 a 8 h da mañá (en días laborais) e as 24h os fins de semana e festivos estatais.

 

Dende o 1 de xaneiro de 2022 ao 31 de marzo do 2022, o prezo da compensación do autoconsumo será de 22 céntimos por cada kWh.

 

POTENCIA dende o 1/1/22 ao 31/03/22
                  PERIODO:             P1 (Punta)  P2 (Val)
                        €/kW-ano 29,958789 3,258556

 

2potnecia

 

ENERXÍA dende o 1/1/2022 ao 31/03/2022
               PERIODO:     P1 (Punta)   P2 (Chan)  P3 (Val)
€/kWh  0,416697 0,336066 0,283173

 

3energia 

 

 

 

Contratar

 

Duración: un ano

Revisión de prezos: trimestral e/ou conforme se modifiquen os peaxes fixados polo Ministerio de Industria, ou os conceptos regulados.

Outros conceptos: non inclúe alugueiro do contador, imposto eléctrico nin IVE.

 

 

 

Entidades socias:

TECGAL cousas da terra cdr portas abertas en comun espazocoop itaca boa vida concello de san sadurninho BNG adega Lugo a galleira cultura do pais agaca comunidade de montes de asados amigos da terra cidadania abeiro equo galicia galivoltaica sl Semente sacauntos lareira de alen photo 2021 09 09 00 13 00 circulo de recreo de lalin Pegadas S coop galega esquerda unida lugo novo 7H cooperativa aldea coop A Gentalha do Pichel ACDeM Armadiña Ouresnse en Comun teatro ensalle numax amarelante it fabricacion comunidade de montes en man comun de couso Casa Pousadoira Mexillón de Galicia Milhulloa tameiga LOGOTIPO DORADO NAI daveiga ecocelta2

 

Entidades colaboradoras:

rianxo concello de ames concellodemoaña nasa social media montaxes lagoa a casa de ana cervexa bubela dentalio forococheselectricos Xesmega Xesmega Casa Quiñones LMT Abogados regueiro