Tarifa indexada

As tarifas indexadas (2.0TDI e 3.0TDI) ofrecen a electricidade ao prezo do Mercado Libre, polo que cada hora de cada día ten un prezo diferente. Esto fai que cada día teña 24 prezos diferentes, un prezo para cada hora do día.

Os prezos de cada hora do día asemellaránse aos do PVPC, pero sendo enerxía 100% renovable

En Nosa Enerxía S.Coop.Galega pagarás polo que consumas, sen cotas mensuais.

O prezo a pagar pola potencia é o seguinte:

 

POTENCIA*

PERIODO

P1 P2 P3 P4 P5 P6

€/kW-ano para 2.0TD

27,664043

2,643132

-

-

-

-

€/kW-ano para 3.0TD

14,840099

11,527305

5,523259

4,637486

2,95758

2,080529

 

O importe do término de enerxía obterase multiplicando o prezo horario (calculado segundo a fórmula seguinte) pola enerxía consumida no punto de subministración. O custe dos peaxes, calcularase por separado: Prezo = 1,015 x Perd x (Mercado Diario + Mercados Axuste + Prezos Regulados + Xestión Nosa Enerxía)

(O 1,015 fai referencia ao pago das Taxas Municipais - por ocupación de chan - que ten que asumir Nosa Enerxía S.Coop.Galega, correspondente ao 1,5% do importe total facturado pola enerxía.)
Perd: Perdas totais do Sistema Eléctrico español.
Mercado Diario: Prezo horario do Mercado Diario do Operador do Mercado Eléctrico español.
Mercado de Axuste: Prezos dos Mercados de Axuste do Operador do Sistema Eléctrico español.
Prezos Regulados: Prezos dos conceptos regulados na normativa vixente.
Xestión Nosa Enerxia: Prezo pola xestión do contrato

  • Nas tarifas 2.0TDI a xestión implicaría 0.0208€/kWh (dende o 1 de xullo de 2022 ao 30 de setembro do 2022)
  • Nas tarifas 3.0TDI a xestión implicaría 0.0079€/kWh (dende o 1 de xullo de 2022 ao 30 de setembro do 2022)
  • Conforme teñamos máis contratos indexados iremos baixando os custes de xestión das tarifas indexadas grazas as economías de escala. Dentro dos custes de xestión incluímos:
    • GdOs (€/MWh): Garantías de Orixe Renovable
    • Custe Operación (€/MWh)
    • Sobrecuste desvíos (€/MWh)
    • FNEE (€/MWh): Fondo nacional de eficiencia enerxética


INDEXADO PROMEDIO: No caso de non dispoñer da curva de carga horaria correspondente realizarase un promedio dos custos de mercado por cada período que se aplicarán ao total da enerxía consumida no período que corresponda.

 

Dende o 1 de xullo de 2022 ao 30 de setembro do 2022, o prezo da compensación do autoconsumo será de 18 céntimos por cada kWh.

 

Vantaxe da tarifa indexada:

  • Pagas a luz a prezo de Mercado, polo que si o prezo do Mercado baixa, a túa tarifa tamén.
  • Nosa Enerxía S.Coop.Galega recude o risco en caso de que o Mercado se dispare, por elo podemos reducir a marxe de comercialización.

Desvantaxes da tarifa indexada:

  • Non hai prezo fixo polo kWh
  • Non coñecemos o prezo do kWh no futuro, xa que só podemos saber o prezo da enerxía de hoxe. O prezo da enerxía de mañá podémolo saber a partires das 12:15h (logo de que remate o proceso de casación no Mercado Diario e se fixen os prezos definitivos para o día seguinte)
  • Estar exposta ás subidas do Mercado. Aínda que até o 31 de maio de 2023 agárdase que o prezo da enerxía no Mercado non varíe moito, grazas á normativa do tope do gas.

 

Nota: Dende o inicio do mecanismo de axuste do gas, as horas máis baratas están sendo de 14:00 a 18:00 maioritariamente, e as máis caras entre as 20:00 e as 8:00 h, moito máis baratas durante os fins de semana. Son tendencias observadas, non quere dicir que sexan tódolos días así, nin que se vaia manter a tendencia, aínda que o máis probable e que se manteña este comportamento durante o verán, salvo a chegada de borrascas, precisamente debido as borrascas o comportamento no outono e moito máis difícil de predicir, xa que as borrascas soen traer consigo vento e ausencia de sol, en xeral traen prezos máis baixos da electricidade grazas a gran cantidade de potencia eólica instalada. Igualmente os días de moito calor ou moito frío provocan un aumento da demanda debido as climatizacións, provocando prezos máis altos do habitual.

  

*Descubre o teu historial de potencias demandada na área privada da túa distribuidora:

Podes resolver calquera dúbida que teñas por telf no 681608386 (L a V de 10:00h a 14:00h) ou enviando un correo electrónico a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

 

Contratar

 

Duración: un ano

Revisión de prezos: trimestral e/ou conforme se modifiquen os peaxes fixados polo Ministerio de Industria, ou os conceptos regulados. No caso de modificalas antes comuncicaríamolo ás persoas consumidoras ao seu correo electrónico con suficiente antelación.

Outros conceptos: non inclúe peaxes e cargos da enerxía, alugueiro do contador, imposto eléctrico, nin IVE, nin o financiamento do Bono Social nin o axuste do tope do gas.

 

 

Más en esta categoría: Tarifa 2.0TD »