Aforra cartos co excedente de enerxía
O Peto Virtual é unha ferramenta para poder acumular o importe dos excedentes non compensados.
Permite acumular o importe dos excedentes non compensados nas facturas, en aqueles puntos de subministración con autoconsumo e con compensación simplificada de excedentes, para despois descontalo noutras facturas.
Principais características do Peto Virtual
Non se acumulan os excedentes, só o importe
Tipos de contrato de autoconsumo
Consumo a prezo fixo + Excedentes a prezo fixo
O prezo da compensación indicarase en cada actualización de prezos, como se está facendo na actualidade
Consumo a prezo indexado + Excedentes a prezo indexado
O prezo de compensación para cada hora será o prezo do Mercado Diario en OMIE, menos o que se determine como custo de xestión.
Custo de xestión = 0,005 €/kWh = Marxe de compensación + Sobre custo dos desvíos + Taxa Municipal
Prezo de compensación = Prezo Mercado Diario – Custo de xestión
Conclusións
Este peto virtual mellorará as retribucións económicas dos autoconsumos, ao poder compensar en períodos nos que non temos consumo (vacacións, …) ou nos que temos moitos excedentes (verán) ou porque a instalación está sobredimensionada. Tamén permitirá reducir as facturas na segunda vivenda, ou na primeira se o autoconsumo está na segunda vivenda.
A economía de escala é un factor moi importante na viabilidade dunha instalación fotovoltaica. O efecto do peto virtual súmase ademais o efecto do autoconsumo compartido, que dende Nosa Enerxía S.Coop.Galega recomendamos encarecidamente, para favorecer estas economías de escala. No autoconsumo compartido a instalación pódese facer en conxunto cunha comunidade enerxética, coa comunidade de veciños, con amizades ou con familiares que vivan a menos de 2km de onde estea a instalación de xeración.
Por último incidir en que mellora a viabilidade dos novos proxectos, xa que permite sobredimensionar a instalación de xeito viable ou poder percibir unha maior retribución por ela. Isto é moi importante de cara a que o custo por kWh baixa moito conforme aumentamos o tamaño da instalación, especialmente nas instalacións máis pequenas que realmente non serían viables sen subvencións.
Nota: A aplicación do Peto Virtual realizarase atendendo a normativa estatal vixente en cada momento.
Podes resolver calquera dúbida que teñas
Por telf no 681608386
L a V de 10:00h a 14:00h