Ultimamente estarás escoitando que a tarifa regulada (PVPC) volve a ser unha opción moi boa para contratar a enerxía.

En Nosa Enerxía S.Coop.Galega queremos informarte da nosa tarifa indexada, para ofrecer a mellor opción para as nosas socias e consumidoras.

Enerxía 100% renovable a prezo de custo.

A tarifa indexada foi publicadas en xuño na nosa web e na comunicación de cambio de tarifas de xuño ás nosas socias e consumidoras. Por aquel entón xa intuíamos que ía ser máis vantaxosa que as tarifas fixas, e o tempo estanos a dar a razón.

Nosa Enerxía S.Coop.Galega caracterizouse sempre por ter tarifas fixas trimestrais, conscientes de que durante anos a tarifa regulada sempre foi máis económica (pero das máis contaminantes) tanto comparada coas nosas tarifas, como coas tarifas fixas das grandes comercializadoras (que en moitos casos eran máis caras que as nosas tarifas). Daquelas tiñamos moi poucas consumidoras e a economía de escala non nos permitía ofrecer tarifas indexadas a prezos competitivos.

Durante o 2021 e o 2022 a tarifa regulada (PVPC) sufriu unha escalada de prezos moi grande pola presión dos mercados enerxéticos sobre recursos fósiles escasos como o gas natural, polo atraso e pola deficiente aposta de transición enerxética de gobernos, multinacionais e fondos de inversión, incluso obstaculizando as opcións de autoconsumo. Nesta etapa as tarifas fixas foron máis económicas, pero pouco a pouco a tarifa regulada (PVPC) e a nosa tarifa indexada (con enerxía 100% renovable) están pasando a ser a mellor opción.

A tarifa indexada de Nosa Enerxía S.Coop.Galega ten as seguintes características:

  • A enerxía varía hora a hora, día a día, en función da demanda, dos prezos das materias primas e das circunstancias meteorolóxicas. Cando se anule o mecanismo de axuste do gas, o prezo desta materia prima podería volver a xogar un papel importante, aínda que será cada vez menor grazas a penetración das enerxías renovables.
  • Grazas a enerxía fotovoltaica entre as 14:00h e as 18:00h está sendo o tramo máis barato, no inverno cando sexa de noite máis cedo é probable que isto cambie.
  • O tramo máis caro está sendo de 18:00 a 22:00, é o principal tramo horario a evitar, tanto para a enerxía como para o axuste do gas.
  • Os fins de semana os prezos baixan moito.
  • O vento e as borrascas tamén fan baixar os prezos da enerxía, especialmente pola noite entre as 00:00h e as 07:00h e os fins de semana, o ser tramos de baixa demanda.
  • Pola contra o frío e a calor extrema fan subir os prezos da enerxía.

Por termino medio os prezos da enerxía na nosa tarifa indexada dende o inicio (15 de xuño de 2022) foron de 0,23 €/kWh, chegando a 0,21 €/kWh durante este mes de outubro. A estes prezos hai que sumarlle o custe do mecanismo de axuste do gas.

Para a tarifa 3.0TD o aforro medio que se puido conseguir con respecto a tarifa fixa dende a entrada do axuste do gas é do 20%, sendo a diferenza máis acusada no mes de outubro, de xeito similar ao que ocorre para contratos particulares.

Pero se nos adaptamos aos horarios máis económicos pódense conseguir prezos moito mellores.

Os prezos do día seguinte pódense atopar nesta web oficial de Red Eléctrica, onde se inclúe o axuste do gas: https://www.esios.ree.es/es/pvpc

A curto prazo pode haber oscilacións de prezos, pero a tendencia e a que esta sexa a tarifa máis barata grazas ao auxe das enerxías renovables que tamén estamos a potenciar dende esta cooperativa.

Si queres cambiar a túa tarifa actual e contratar a nosa tarifa indexada, só tes que escribirnos un correo a clientes@nosaenerxia.gal.

Comparte

Leave A Comment