Prezo variable
Potencias inferiores a 15kW
Potencia
Tarifa de baixa tensión con potencias contratadas inferiores a 15kW (maioritariamente vivendas, locais comerciais e pequenas empresas).
A tarifa 2.0TD permite contratar dúas potencias diferentes, unha por cada período de potencia, que se aplican segundo o seguinte gráfico circular.
| Período | €/kW-ano |
|---|---|
| P1 (Punta) | 28,43055 |
| P2 (Val) | 2,197588 |

Enerxía
O prezo da enerxía varía cada hora e cada día polo que non se pode establecer un horario, o seu custo terá una variación semellante ao da PVPC, pero 100% renovable
En Nosa Enerxía S.Coop.Galega pagarás pola enerxía que consumas, sen cotas mensuais nin permanencia nin penalizacións.
O prezo da xestión de Nosa Enerxía inclúe:
- GdOs (€/MWh): Garantías de Orixe Renovable
- Custo Operación (€/MWh)
- Sobre custo desvíos (€/MWh)
- FNEE (€/MWh): Fondo nacional de eficiencia enerxética
- Gastos propios do funcionamento da cooperativa. Moitas comercializadoras toman só esta parte como referencia para o custo de xestión.
O prezo de xestión a partir do 1/4/2025 sería o seguinte:
- para contratos con potencias contratadas maiores a 5kW a xestión implicaría 0,0205€/kWh (Tamén para consumos grandes)
- para contratos con potencias contratadas menores a 5kW a xestión implicaría 0,0235€/kWh
- para contratos de non socias a xestión implicaría 0,026€/kWh
- para contratos de socias que fixeron unha ampliación do capital social ate 500€, a xestión implicaría 0,0182€/kWh
Prezos medios
| Mes / Ano | Prezo Medio €/kWh | Prezo Medio Punta €/kWh | Prezo Medio Chan €/kWh | Prezo Medio Val €/kWh |
|---|---|---|---|---|
| media do 2023 | 0,169 | 0,227 | 0,175 | 0,141 |
| media do 2024 | 0,146 | 0,201 | 0,148 | 0,147 |
| media 2025 | 0,154 | 0,218 | 0,147 | 0,128 |
| media 2026 | 0,138 | 0,217 | 0,136 | 0,107 |
| marzo 2025 | 0,136 | 0,212 | 0,131 | 0,106 |
| abril 2025 | 0,112 | 0,167 | 0,103 | 0,091 |
| maio 2025 | 0,109 | 0,165 | 0,102 | 0,090 |
| xuño 2025 | 0,159 | 0,214 | 0,147 | 0,140 |
| xullo 2025 | 0,156 | 0,211 | 0,148 | 0,132 |
| agosto 2025 | 0,151 | 0,210 | 0,143 | 0,133 |
| setembro 2025 | 0,148 | 0,206 | 0,132 | 0,128 |
| outubro 2025 | 0,168 | 0,233 | 0,159 | 0,141 |
| novembro 2025 | 0,148 | 0,216 | 0,146 | 0,121 |
| decembro 2025 | 0,17 | 0,244 | 0,175 | 0,137 |
| xaneiro 2026 | 0,163 | 0,244 | 0,168 | 0,131 |
| febreiro 2026 | 0,112 | 0,189 | 0,104 | 0,08 |
| 1-9 marzo 2026 | 0,165 | 0,248 | 0,160 | 0,134 |
| media movil 12meses | 0,144 | 0,208 | 0,137 | 0,118 |
Estes prezos están recalculados en base a información ofrecida polo PVPC, o prezo definitivo podería ter pequenas variacións en función da información publicada por REE posteriormente.
Os cálculos están feitos usando un prezo de xestión de 0.0205 €/kWh.
Enerxía 100% renovable.

Tes dúbidas?
Deixa aquí os teus datos e contactaremos o antes posible






