O sector enerxético é moi complexo e está feito para que non sexa moi doado de entendelo. Formando parte de Nosa Enerxía S.Coop.Galega entenderás tanto a túa factura de electricidade como o funcionamento do Mercado Eléctrico. Ademáis Nosa Enerxía S.Coop.Galega velará polos teus intereses reclamándolle ás distribuidoras as irregularidades que cometen constantemente, así como representarte ante a Consellería de Industria ou na CNMC en reclamacións que sexan necesarias interpoñer para defenderte das irregularidades das distribuidoras.
As enerxías renovables son todas aquelas fontes de enerxía obtidas de recursos naturais inagotables:
- enerxía solar e termosolar, a que xenera enerxía grazas a luz do Sol
- enerxía eólica, a que xenera enerxía grazas ao vento
- enerxía hidráulica, a que xenera enerxía grazas á auga dos encoros
- enerxía ondumotriz, a que xenera enerxía grazas ás ondas do mar
- enerxía mareomotriz, a que xenera enerxía grazas ás mareas dos mares e océanos
- enerxía xeotérmica, a que xenera enerxía grazas ao calor do chan
Unha cooperativa é un tipo de empresa na que para formar parte dela tes que facerte socia aportando un capital social á mesma. No caso de Nosa Enerxía S.Coop.Galega a achega ao capital social é de 100€, que se che devolverían no momento no que decidas abandonar a cooperativa.
Ao facerte socia dunha cooperativa estás facéndote copropietaria da empresa, arriscando unicamente a túa achega ao capital social da cooperativa. Pero polo de agora, ningunha socia que decidiu deixar a cooperativa perdeu o seu capital social e devolvéuselle integramente a súa achega.
Ao facerte socia dunha cooperativa tes dereito a ter voz e voto nas tomas decisións da cooperativa, nas asembleas, e dereito a formar parte do Consello Reitor.
Como copropietaria da cooperativa tes dereito ao acceso a toda a documentación que necesites da cooperativa: actas de asembleas, información contable…
Como socia da cooperativa terás apoio por parte da cooperativa para defenderte fronte as irregularidades das distribuidoras que afecten á túa facturación de enerxía.
O aforro enerxético prodúcese de dúas maneiras:
- Asesorándote para que mellores o teu consumo de enerxía de maneira que poidas manter a túa calidade de vida consumindo menos enerxía.
- Aplicando a economía de escala, cantas máis persoas consumidoras sexamos poderemos ofrecer mellores prezos ao poder mercar a enerxía de tódalas socias a mellores prezos (as empresas produtoras fan mellores prezos da enerxía si se lle merca moita ou toda a que producen)
- Cando sexamos o número de consumidoras suficientes para poder emprender os nosos proxectos de xeración os prezos baixarán aínda máis.
Nosa Enerxía S.Coop.Galega é unha cooperativa de consumo que ten como actividade a comercialización de enerxía eléctrica con certificado de orixe 100% renovable, no territorio peninsular español.
Consumindo enerxía eléctrica con Nosa Enerxía poderás estar seguro de que a cantidade de enerxía que ti consumes se producíu con fontes de enerxía 100% renovables.
Os estatutos de Nosa Enerxía S.Coop.Galega están publicados neste enlace.
Poden ser persoas socias de Nosa Enerxía S.Coop.Galega toda persoa física maior de 18 anos e toda persoa xurídica, todas elas con residencia no territorio español.
Si, podes ser persoa socia aínda que non vivas en Galicia.
Para facerte persoa socia só tes que cubrir o formulario de asociarte. A solicitude chegaralle ao Consello Reitor que terá que aprobar a solicitude para ser persoa socia. No caso de que se denegase a solicitude o Consello Reitor terá que motivar esa denegación.
Ao facerte socia dunha cooperativa estás facéndote copropietaria da empresa, arriscando únicamente a túa aportación ao capital social da cooperativa. Pero polo de agora, ningunha socia que decidíu deixar a cooperativa perdeu o seu capital social e devolvéuselle íntegramente a súa aportación.
O autoconsumo é a capaciade de consumir enerxía que xeneras ti mesma.
Si na túa vivenda tes uns paneis solares que xeneren enerxía podes consumir enerxía directamente deles e toda a enerxía que che falte consumirala da rede de electricidade.
Si os teus paneis solares producen máis enerxía da que consumes entón esa enerxía envíase a rede de electricidade para que outras persoas a consuman. A esa enerxía que envías á rede chámase “excedentes de autoconsumo”
Esa cantidade de enerxía que envías á rede contabilízaseche e descóntaseche da túa factura. Ese desconto faise en € e non kW. Poñamos un exemplo con datos orientativos:
Período de consumo | kWh consumidos | €/kWh consumidos | Importe kWh consumidos | kWh excedentes | €/kWh excedentes | Importe kWh excedentes |
---|---|---|---|---|---|---|
P1 | 20 | 0,20 € | 4,00 € | 80 | 0,09 | 7,2 |
P2 | 40 | 0,15 € | 6,00 € | 70 | 0,09 | 6,3 |
P3 | 90 | 0,10 € | 9,00 € | 150 | 0,09 | 13,5 |
Total | 150 | 19,00 € | 300 | 27,00 € |
Segundo a lexislación vixente o importe máximo a compensar co autoconsumo non pode superar o importe da enerxía consumida. No exemplo anterior, a pesares de que a enerxía que envorcaches á rede suporían un desconto de 27€ pero só se poderían descontar 19€ quedando un resultado de 0€ polo consumo de enerxía.
Na lexislación vixente o desconto da compensación do autoconsumo non se pode aplicar aos peaxes correspondentes á enerxía consumida, nin á potencia contratada, nin aos impostos. Deste xeito o autoconsumo nunca podería xerar unha factura con importe de 0€
Vista esta situación legal vixente, Nosa Enerxía S.Coop.Galega creou o “Peto Virtual” que lle da valor a todos os excedentes e a parte que legalmente non se podería descontar como compensación de autoconsumo (no exemplo anterior, 27-19=8€) aplícase como “desconto comercial”
Para máis información visita o noso “Peto Virtual”