Tarifas transparentes

En Nosa Enerxía S. Coop. Galega pagarás polo que consumas, sen cotas mensuais e sen servizos adicionais

Para ofrecer as mellores tarifas, en Nosa Enerxía rebaixamos a nosa marxe polo prezo da potencia, sendo inferior incluso o do PVPC.

A enerxía é un recurso natural que debemos coidar

Entende a tarifas e a factura

Explicámosche os conceptos

2.0TD

Fogar e negocios

  • Potencia contratada menor de 15 kW
  • 2 períodos de potencia e 3 de enerxía
  • Prezo fixo de enerxía ou tarifa indexada

3.0TD

Empresas

  • Potencia contratada maior de 15kW

  • 6 períodos de potencia e 6 de enerxía

  • Prezo fixo de enerxía ou tarifa indexada

2 conceptos para entender a factura da luz

Para entender as tarifas eléctricas temos que ter claros 2 conceptos que podemos atopar na factura da luz: a potencia contratada e a enerxía consumida.

Potencia

A potencia contratada mídese en kW, e limita a cantidade de enerxía que podemos consumir ao mesmo tempo sen que salte o Instrumento de Control de Potencia (ICP) do contador da luz. Cantos máis aparellos eléctricos queiramos conectar o mesmo tempo máis potencia precisaremos.

  • Medida en kW

  • Limita a cantidade de enerxía simultánea

O prezo da potencia contratada está composto por:

  • Cargos e peaxes que cobra a distribuidora
  • Marxe de comercialización que cobra a comercializadora.

Este prezo da potencia contratada divídese en períodos horarios nos cales ten un prezo diferente.

Enerxía

A enerxía consumida, mídese en kWh, e indica a cantidade de enerxía eléctrica que se consumiu no período da lectura indicada na factura.

  • Medida en kWh

  • Cantidade de enerxía consumida (lectura)

O prezo da enerxía consumida, no Mercado Libre, está composto por:

  • Parte regulada: cargos e peaxes (están regulados e o seu prezo publícase no BOE)
  • Parte libre: custos da electricidade no mercado eléctrico + a marxe de comercialización**

Inclúe conceptos como a achega obrigatoria ao Fondo Nacional de Eficiencia Enerxética, as Garantías de Orixe renovable, desvíos e custos de operación, aparte dos salarios das traballadoras, software e outros servizos que precisamos para funcionar.

Tarifa indexada

Prezo variable cada hora e cada día

As tarifas indexadas (2.0TDI e 3.0TDI) ofrecen a electricidade ao prezo do Mercado Libre, polo que cada hora de cada día ten un prezo diferente. Esto fai que cada día teña 24 prezos diferentes, un prezo para cada hora do día.

Os prezos de cada hora do día asemellaránse aos do PVPC, pero sendo enerxía 100% renovable. O prezo da enerxía podera coñercerse a partir das 12:15h (logo de que remate o proceso de casación no Mercado Diario e se fixen os prezos definitivos para o día seguinte).

Enerxía 100% renovable.

etiqueta renovable