Que é a tarifa indexada?
Prezo variable para cada hora do día, actualizados día a día.
As tarifas indexadas (2.0TDI e 3.0TDI) ofrecen a electricidade ao prezo do Mercado Libre, polo que cada hora de cada día ten un prezo diferente. Esto fai que cada día teña 24 prezos diferentes, un prezo para cada hora do día.
Os prezos de cada hora do día asemellaránse aos do PVPC, pero sendo enerxía 100% renovable. O prezo da enerxía poderá coñecerse a partir das 12:15h (logo de que remate o proceso de casación no Mercado Diario e se fixen os prezos definitivos para o día seguinte).
Formula de fixación de prezo
O prezo da enerxía varía cada hora e cada día polo que non se pode establecer un horario, o seu custo terá una variación semellante ao da PVPC, pero 100% renovable.
O importe do término de enerxía está composto por dous conceptos: o custo dos peaxes e cargos (regulados) e o custo da enerxía consumida.
O custo da enerxía consumida obterase multiplicando a enerxía consumida polo prezo horario da enerxía, calculado segundo a seguinte fórmula:
Prezo = 1,015 x Perd x (Mercado Diario + Mercados Axuste + Prezos Regulados + Xestión Nosa Enerxía)
Prezo da xestión de Nosa Enerxía
O prezo da xestión de Nosa Enerxía inclúe:
- GdOs (€/MWh): Garantías de Orixe Renovable
- Custo Operación (€/MWh)
- Sobre custo desvíos (€/MWh)
- FNEE (€/MWh): Fondo nacional de eficiencia enerxética
- Gastos propios do funcionamento da cooperativa. Moitas comercializadoras toman só esta parte como referencia para o custo de xestión.
Duración: un ano
Revisión de prezos: trimestral e/ou conforme se modifiquen os peaxes fixados polo Ministerio de Industria, ou os conceptos regulados. No caso de modificalas antes comuncicaríamolo ás persoas consumidoras ao seu correo electrónico con suficiente antelación.
Outros conceptos: non inclúe peaxes e cargos da enerxía, alugueiro do contador, imposto eléctrico, nin IVE, nin o financiamento do Bono Social nin o axuste do tope do gas.
INDEXADO PROMEDIO: No caso de non dispoñer da curva de carga horaria correspondente realizarase un promedio dos custos de mercado por cada período que se aplicarán ao total da enerxía consumida no período que corresponda.
En Nosa Enerxía S.Coop.Galega pagarás polo que consumas, sen cotas mensuais.
Prezo medio na tarifa indexada
Ano | Mes | €/kWh |
---|---|---|
Prezo medio 12 meses | 0,16 | |
2022 | Agosto | 0,23 |
2022 | Setembro | 0,22 |
2022 | Outubro | 0,20 |
2022 | Novembro | 0,20 |
2022 | Decembro | 0,18 |
2023 | Xaneiro | 0,15 |
2023 | Febreiro | 0,22 |
2023 | Marzo | 0,17 |
2023 | Abril | 0,15 |
2023 | Maio | 0,15 |
2023 | Xuño | 0,17 |
2023 | Xullo | 0,17 |
2023 | Agosto | 0,17 |
2023 | Setembro | 0,18 |
2023 | Outubro | 0,17 |
2023 | Novembro | 0,14 |
2023 | Decembro | 0,15 |
2024 | Xaneiro (provisional até o 18/01/24) | 0,15 |
En Nosa Enerxía S.Coop.Galega pagarás polo que consumas, sen cotas mensuais, e cunha das potencias mais económicas do mercado
Recomendacións de consumo
Para aproveitar as horas máis económicas podes consultar cada día a web de Red Eléctrica, ESIOS. Tamén podes instalar a aplicación móvil dispoñible no teu dispositivo móvil para mirar os prezos horarios de cada día.
Si non queres/podes estar atenta aos prezos de cada hora de cada día, podes seguir as seguintes orientacións.
Os horarios máis económicos normalmente prodúcense en intres de baixa demanda e alta produción de enerxía como os comentamos a continuación:
Vantaxes e inconvintes da tarifa indexada
As tarifas indexadas con enerxía 100% renovable ofrecen a electricidade ao prezo de mercado, polo que cada hora de cada día ten un prezo diferente. Esto fai que cada día teña 24 prezos diferentes, un prezo para cada hora do día.
Os prezos de cada hora do día asemellaránse aos do PVPC, pero sendo enerxía 100% renovable. O prezo da enerxía do PVPC podera coñercerse a partir das 21:00 do día anterior aproximadamente.
Vantaxe da tarifa indexada
Desvantaxes da tarifa indexada
* No escenario actual e moi improbable que se produzan grandes subidas de prezos. Todalas previsións apuntan a que a oferta de enerxía renovable vai seguir crecendo, mentres que a demanda de enerxía eléctrica está estancada.
Perspectivas futuras sobre o prezo da Enerxía
E a súa influencia na tarifa indexada.
Antecedentes
Dende 2008 vense producindo unha caída continuada da demanda de electricidade en España, que a nivel Europeo e de EEUU se percibe como un estancamento da demanda de electricidade. Esta baixada da demanda é froito da externalización de industrias electrointensivas cara países con enerxía máis económica, procedente xeralmente de carbón, como pode ser o caso de China e a India.
Dende 2019 iniciouse en España unha meteórica expansión das enerxías renovables lideradas pola enerxía solar fotovoltaica. De seguir as tendencias actuais en 2024 duplicaríamos a potencia renovable instalada en 2019.
Este feito compensouse parcialmente coa practica desaparición do mix eléctrico do carbón, e unha notable redución da demanda de gas natural. Precisamente a baixada na demanda do gas natural reduciu e estabilizou os prezos desta materia prima evitando picos de prezos tan elevados. Neste intre tamén está comezando a notarse unha redución da demanda de enerxía nuclear, que comezarán a pecharse en 2027.
En consecuencia a situación actual e que estamos ante un escenario de gran aumento da produción renovable, e unha lenta electrificación da sociedade, o que supón que os prezos de mercado tendan a estar máis baixos que os prezos de futuros que precisan garantir a viabilidade das explotacións de xeración, e no caso de non poder facelo a través de este mecanismo, prefiren agardar por mellores oportunidades de mercado que a actual.
Por iso o mais recomendable dende un punto de vista económico, para un consumidor normal sen moitos excedentes de autoconsumo que faga un uso intensivo do peto virtual, é ter unha tarifa a prezo de mercado.
E dende un punto de vista de conciencia social a mellor opción sería sen dúbida Nosa Enerxía S.Coop.Galega porque ofrecemos
enerxía 100% renovable, un paso necesario, aínda que non suficiente para a transición enerxética e loitar contra o cambio climático, cunha tarifa moi competitiva, e a través dunha sociedade participativa, democrática, socialmente comprometida co entorno e sen ánimo de lucro, mais aló de buscar as mellores tarifas posibles con enerxía 100% renovable para as nosas socias.