O INEGA ven de publicar as bases reguladoras polas que se anuncia a convocatoria do procedemento de concesión de subvencións para a planificación enerxética de entidades locais e comunidades enerxéticas.
O prazo de solicitude vai dende o 28/03/23 ao 15/06/23 e terase que solicitar á través do procedemento IN418E (que estará dispoñible na sede electrónica da Xunta)
Esta subvención pode chegar até os 100.000 € para as comunidades enerxéticas (constituídas ou en proceso de constitución)
O texto íntegro desta resolución do INEGA podes descargalo aquí.
Agardamos que poidades solicitalas para a vosa comunidade enerxética.