Prezo variable

Potencias inferiores a 15kW

Potencia

Tarifa de baixa tensión con potencias contratadas inferiores a 15kW (maioritariamente vivendas, locais comerciais e pequenas empresas).

A tarifa 2.0TD permite contratar dúas potencias diferentes, unha por cada período de potencia, que se aplican segundo o seguinte gráfico circular.

Período€/kW-ano
P1 (Punta)26,891661
P2 (Val)2,468852
Gráfica horaria da potencia

Enerxía

O prezo da enerxía varía cada hora e cada día polo que non se pode establecer un horario, o seu custe terá una variación semellante ao da PVPC, pero 100% renovable

En Nosa Enerxía S.Coop.Galega pagarás pola enerxía que consumas, sen cotas mensuais nin permanencia nin penalizacións.

O prezo da xestión de Nosa Enerxía inclúe:

  • GdOs (€/MWh): Garantías de Orixe Renovable
  • Custe Operación (€/MWh)
  • Sobrecuste desvíos (€/MWh)
  • FNEE (€/MWh): Fondo nacional de eficiencia enerxética
  • Gastos propios do funcionamento da cooperativa. Moitas comercializadoras toman só esta parte como referencia para o custe de xestión.

O prezo de xestión sería o seguinte:

  • para contratos con potencias contratadas menores a 5kW a xestión implicaría 0.025€/kWh (0.029€/kW non socias)
  • para contratos con potencias contratadas maiores a 5kW a xestión implicaría 0.021€/kWh (0.025€/kW non socias)
  • para contratos de socias que fixeron unha ampliación do seu capital social até 500€, a xestión implicaría 0.0185€/kWh

Tes dúbidas?

Deixa aquí os teus datos e contactaremos o antes posible

De conformidade co que establece a lexislación vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, infórmaselle que os datos persoais que nos facilite a través de devandito formulario serán tratados por NOSA ENERXIA SOCIEDADE COOPERATIVA GALEGA, coa finalidade de xestionar a sua solicitude e enviarlle información máis detallada. Para máis información consultar a política de privacidade.